sexta-feira, 30 de novembro de 2012

Fwd: Convite da Asociacióbn Lazos aos actos do 1 de decembro e da Xornada de sensibilización do videiro 5 de Decembro


Xornada para aprender e formarse e poder reivindicar os nosos dereitos como a igualdade, a non discriminación, e defender a sanidade pública.

Benqueridos amigos e amigas,


A Asociación Lazos Pro Solidariedade-Comité antiSida de Ferrol, comprácese en convidarvos ás actividades que vai desenvolver co motivo do 1 de decembro do 2012, día mundial de resposta contra a Sida.

  • 1 de Decembro de 2012 - Recortes + Dereitos: Mesa informativa na rúa Real de Ferrol, entre as 11 e as 14 horas. Quen desexe participar débese poñer en contacto coa entidade por esta vía, ou acudir o mesmo sábado, día 1 de decembro, ao local sito na Avda Dr Fleming 8-10 Baixo de Ferrol,  ás 10.30 horas.

  • Xornada de sensibilización Social no eido do VIH. 5 de decembro do 2012. Achegamos o programa da Xornada e o convite. Estades todos e todas invitadas.



Gostaríanos contar coa vosa presenza, nestes momentos tan compricados para todas e todos.

Esperando veros nas actividades, vos saúda atentamente,

Carlos Varela
Presidente



--
LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol
Asociación de afectados/as polo VIH e as drogas
Vogal territorial de Galicia en CESIDA

Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )

Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com

Fwd: N de Prensa do CCE ante a sentenza do TSX de Madrid

Os argumentos, os feitos, están enriba da mesa. O poder político, económico e dos medios de comunicación queren manipulalos e ocultalos, seguimos pelexando para que non o consigan.


Nota de Prensa do CCE
Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid
Contencioso contra a Autorización Administrativa Previa
  1. A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid do 12-11-2012, desestimando o recurso contencioso presentado polas entidades do CCE contra a Autorización Administrativa Previa outorgada a Reganosa, non supón nada novo, por canto é unha reiteración da ditada o 27 de Novembro de 2006 ante o contencioso presentado polo Concello de Ferrol, e da que logo se retirou.
  2. O CCE non desistirá como fixo o Concello de Ferrol e recorrerá esta sentenza.
  3. Esta sentenza non prexulga para nada a Autorización de Construción da planta de gas, recorrida en contencioso presentado polo CCE, e sobre a cal ha de pronunciarse este Tribunal.
  4. Lembrar que o máximo órgano xudicial, o Tribunal Supremo, en sentenza inapelable do 11 de Maio de 2012 anulou a modificación do Plan de Ordenacion de Mugardos que serviu de base para a construción da planta de gas de Reganosa, ratificando a sentenza de 22 de abril de 2008 ditada polo Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. A sentenza do Supremo, entra ao fondo do asunto, ao sinalar a carencia da DIA (Declaración de Impacto Ambiental).
Os promotores de Reganosa e os seus cómplices institucionais non utilizaron o procedemento legal (DIA), non por descoñecemento senón porque sabían que á luz do mesmo, o interior da Ria de Ferrol resulta incompatible cunha instalación tan perigosa como unha planta de gas, e só cunha actuación fraudulenta poderían acadar o seu propósito , como foi relocalizar a planta de gas en Punta Promontoiro.
  1. Este tribunal ven de desestimar o contencioso contra a Autorización Administrativa Previa outorgada pola DPEyM a Reganosa, en base a repetir as teses mantidas pola empresa, a saber:
    1. Que non necesita da DIA, en base a considerar unha falsa data de presentación da solicitude, porque a documentación necesaria para considerar a apertura de expediente non a presentou até 15 meses mais tarde e tratando mesmo de maquillar as datas de presentación en base a visados fraudulentos de algúns documentos do proxecto.
    2. Que o antigo Raminp (2000 m a núcleos de poboación) ten excepcións. Con todo, o concello de Mugardos non dubida en aplicalo para licenzas de apertura de actividades tan perigosas como café-bares, carnicerías ou mesmo mercerías.
    3. Que o emprazamento é viable dende o punto de vista da seguridade industrial e do cumprimento de distancias a centros próximos de poboación, non afectando a pobación mais cercana. O estudo de riscos realizado non contempla todos os posibles accidentes. Un estudo similar feito para a planta de Bilbao, de capacidade e tecnoloxía similar e realizado cos mesmos programas de simulación, concluíu con distancias de seguridade 10 veces maiores que en Mugardos.
    4. Que en canto a seguridade o risco do tráfico de gaseiros non ten por que ser maior que o existente na Ría (equiparando os gaseiros descargados y desgasificados que entran para reparar, cos gaseiros cargados con GNL con destino a Reganosa). Situacións con índices de risco claramente diferentes.
    5. Que a planta de Reganosa é esencial para o o sistema gasistico nacional, asi como en concreto para Galicia. Cando os datos, dende a entrada en funcionamento amosan a realidade da planta de Reganosa: unha instalacion deficitaria, que nos costa aos cicidadáns perto de 60 millóns de euros ao ano e a súa produción non acada o 40%. Para "xustificar" o seu funcionamento, manteñen pechado o gasoducto de Tui que viña subministrando gas a Galicia antes do 2007, e ten a capacidade suficiente para subministrar gas aos ciclos combinados e para o consumo doméstico e industrial.
    6. Ou reiterar a falsidade cando se refire aos vaporizadores de auga de combustión interna para o proceso de regasificación, cando no proxecto e na Autorización Definitiva, este sistema é secundario sendo o sistema principal os vaporizadores de agua de mar. Este sistema fraudulento esta acelerando a destrución do ecosistema da Ria. Se non é maior o deterioro é pola baixa produción que ten desde a sua posta en funcionamento.
Este CCE esixe o cuprimento e execución da sentenza do Tribunal Supremo, do 11 de Maio de 2012, para evitar riscos innecesarios á poboación de toda a Ría.
Ferrol a 29 de Novembro de 2012

--
Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995




quarta-feira, 28 de novembro de 2012

Fwd: Bar Cazadores 1 decembro as 10 da noite,Desconcerto Expansivo, DesPrestige,Burla Negra

Fai 10 anos o chapapote fixo aboiar a mentira e a manipulación que hoxe nos afogan..

BURLA NEGRA

Día 1  de decembro as 10 da noite, Bar Cazadores r/ Magdalena,Ferrol
Aberto a persoas e asociacións
DesConcerto Expansivo 
Antón Varela,Gaiteiro
Fernando Naveiras "Fefi",Canción
Bernardo Maiz,Historiador
Guillermo Ferrandez,Poesía
Karlotty,Poesía
Manolo Bacallau,Canción
María Manoela,Canción
Marqués das Viñas,Canción
Roberto Grandal,Acordeón
Roger de Flor,Canción
Xosé Mª Dobarro,Filólogo

Asociacións:

Lefre de Caldereta
Poesía Salvaxe

 
¡¡...Eles comen tudo e nâo deixam nada..!!
*(José Afonso)*

segunda-feira, 26 de novembro de 2012

O que falamos na asemblea..

As contas ben. A proposta do libro de rexistro de persoas socias, adiante. A proposta de rotación de coordinación non se está de acordo. A proposta de separación da parte lúdica da reivindicativa  social non se tratou pois non asistiu á reunión ningunha persoa que a defendera.
O Antroido 2013 hai varias propostas e pódense ir propoñendo mais ata a próxima reunión na que decidamos. Persoas con vivendas, critica os desafiuzamentos, recuperando a espuma. Debaixo da ponte, situación da vivenda, recuperando a espuma. Robeen Hood rouba aos ricos para darllo aos pobres ou ao revés rouba aos pobres para darllo aos ricos. Peixe grande come aos pequenos, pequenos xuntos comen ao grande, cartón. Paraíso fiscal, polo funil vaise o diñeiro.
Hai que ir pensando se vamos a facer un Antroido en Caranza. Temos que reunirnos con o resto de comparsas haber que fan este ano. Se tedes algunha idea para levar ao resto de comparsas comunicádea. 

Fwd: lúns 26 ás 19 hs Concentración Gaseiro nº 131

Entra na ria o gaseiro cargado con gas natural licuado nº 131, entra na praza Amada Garcia a concentración cargada con valentía e razón nº 131

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 131 "Barcelona Knutsen"o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca


CONCENTRACIÓN

Lúns, 26 de novembro 2012, ás 19 hs,

diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García - Ferrol


Características do Buque:

Nome.- Barcelona Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 290 m, Manga.- 45.8 m, Puntal.- 26.5 m, Capacidade.- 173.400 m³ de GNL

--
Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995

sábado, 24 de novembro de 2012

Faltaba por poñer nas contas o ingreso por venta da chatarra que tiñamos no local e que recollemos antes de pintar..


Contas dos gastos no local verán outono 2012
gastos
2 estanterias metálicas 99'90 €
2 bote 750 ml pintura zócalo 14,63 €
1 caldeiro pintura 4 l 31,50 €
1 caldeiro pintura 4 l 23,36 €
1 caldeiro pintura 4 l 23,53 €
1 caldeiro pintura 4 l 23,31 €
i.v.a. pintura 20'94 €
total pintura para paredes e zócalo local 137,27 €
1 bote minio rella local 11'50 €
ingresos
venta de chatarra da limpeza antes de pintar 13'09 €
Temos na conta 769'12 € e en metálico 512'11 € temos en total 1281'23 €

sexta-feira, 23 de novembro de 2012

Fwd: CONVITE ACTO 25N DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

Este domingo 25 de Novembro as 12 da mañá na praza de Galiza do concello de Narón, a Marcha Mundial das Mulleres convócanos a todas e todos a sumarse á loita contra a violencia machista, outro mundo é posible.

 A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da
 MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES       
 CONVÍDAVOS UN ANO MÁIS A TODAS E TODOS A PARTICIPAR NOS ACTOS QUE TERÁN LUGAR
NA PRAZA DE GALICIA DE NARON ÁS 12H. DA MAÑÁ
O 25 DE NOVEMBRO PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.
Este ano baixo o lema "POÑÁMOSLLE CARA Á VIOLENCIA QUE NON SE QUERE VER" poremos a nosa ollada sobre esa violencia que non da coiteladas, nin labazadas, nin berra, é esa violencia simbólica menos evidente e máis estratéxica pero que igualmente representa o poder de "uns" sobre "outras".
Esperámos coma sempre a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista.
MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UN MUNDO SEN VIOLENCIA


Coordinadora Comarcal da MMM
Teléfono de contacto: 696 732 735 (Anxela)
--

quinta-feira, 22 de novembro de 2012

Informe das contas e gastos da Revolta do tempo verán outono 2012..

Todos os gastos foron en comprar o material necesario para pintar o  local e acondicionalo.

 
Contas dos gastos no local verán outono 2012
2 estanterias metálicas 99'90 €
2 bote 750 ml pintura zócalo 14,63 €
1 caldeiro pintura 4 l 31,50 €
1 caldeiro pintura 4 l 23,36 €
1 caldeiro pintura 4 l 23,53 €
1 caldeiro pintura 4 l 23,31 €
i.v.a. pintura 20'94 €
total pintura para paredes e zócalo local 137,27 €

1 bote minio rella local 11'50 €
Temos na conta 769'12 € e en metálico 499'02 € temos en total 1268'14 €


terça-feira, 20 de novembro de 2012

Re: Lembrando o convite para participar na XVI Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra, para este Martes 20 de Novembro

Eu vou, levo o coche.


Hoxe de 7 da tarde a 9 do serán reúnese a asemblea do  Encontro Social de Ferrol Terra no local da asociación de veciños e veciñas de Esteiro, onde se van tratar temas moi interesantes, como sabedes está aberta a participación ás entidades, organizacións e a persoas a título individual. Toda a xente da Revolta que queira participar en nome do colectivo adiante, mandade un correo a xente interesada en ir pois pódese compartir coche.


Convocatoria da XVI Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

XVI Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra
Proposta de obxectivos e orde do día para a XVI Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo.
Día: Martes 20 de Novembro.
Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.
Obxectivo da reunión:
- Recibir información sobre Arméria Soc. Coop. e das diferentes comisión e grupos, se a houber.
- Recibir información, deliberar e acordar sobre a Rede de Apoio Mutuo e os casos de desafiuzamento pendentes.
- Debater e avaliar a situación da Comarca e a Folga Xeral do pasado 14N..
- Avaliar os avances do Encontro.
- Tratar outros asuntos de interese.

Orde do día:

1º O pasos dados e futuros na constitución de Arméria Soc. Coop.
Explicación e significado da nova normativa que entrou en vigor o pasado venres, 16 de Novembro, o Real Decreto-lei 27/2012, do 15 de novembro, de medidas urxentes para reforzar a protección aos debedores hipotecarios. Mobilizacións. Situación dos desafiuzamentos pendentes. Nova estrutura e necesidade de máis persoas para a Comisión. Blogue [http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com]. Información da Reunión co Valedor do Pobo, celebrada este Venres 16 de Novembro. Outros asuntos.
3º A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol, convoca unha Asemblea Plenaria para debater e acordar sobre a súa permanencia ou non. A xuntanza terá lugar o Mércores 21 de Novembro ás 6 da tarde no local da asociación Veciñal de Esteiro. (Debater sobre isto na Asemblea Plenaria do Encontro).
4º Proposta para preparar un Foro Social de Ferrol Terra co obxectivo de deliberar e analizar sobre o actual modelo enerxético e as posíbeis alternativas. Sábado 15 de Decembro.
5º Deliberar sobre a agresión do Goberno de Israel contra o pobo palestino que vive na prisión máis grande do mundo, a Franxa de Gaza.
6º Outros asuntos se os houber.

|||||||||||||||

--


Encontro Social de Ferrol Terra

Blogue do Encontro
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com

Informe de diagnose socioeconómica de Ferrol Terra
http://diagnose-ferrolterra.blogspot.com

Taboleiro de Anuncios
http://taboleirodeanuncios.blogspot.com

Glosario de Termos
http://glosariodetermos.blogspot.com



Foro Social de Ferrol Terra

Consello Local
http://forosocialdeferrolterra-consellolocal.blogspot.com/

Foro 2012
http://forosocialdeferrolterra2012.blogspot.com

Foro 2011
http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com



Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
Sociedade Cooperativa Galega Arméria

Blogue de Arméria (Provisional)
http://armeriacooperativa.blogspot.com/
Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios
http://viaxes-educativos-solidarios.blogspot.com
|||||||||||||||||||||||||||||||||

Proposta para facer unha asemblea da Revolta para este sábado 24 de Novembro ás 6 da tarde..

Que vos parece a data? falariamos das contas da Revolta, debate de tres propostas, libro socios e socias, rotación coordinación, separación da loita social da festeira. O Entroido 2013. Varios. 

sábado, 17 de novembro de 2012

Fwd: RV: Carta Convocatoria do Pleno da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Este mércores ás 6 da tarde no local da asociación de veciños e veciñas de Esteiro reunión da plataforma pola defensa da sanidade pública, as persoas que queiran ir en representación da Revolta mandade un correo. É unha reunión onde se vai falar da continuidade da plataforma, se é unha ferramenta útil para a defensa da sanidade pública ou non..

quinta-feira, 15 de novembro de 2012

Lembrete das actividades semanais da Revolta para todas as persoas que queiran participar..

Os mércores de 6'30 da tarde a 8 do serán clases de gaita, guiadas por Isma. A realización das clases vai depender das quendas de traballo de Isma.
Os xoves de 6 da tarde a 7 da tarde clases de baile tradicional galego, guiadas por Carmen.
Os venres de 7'30 da tarde a 9 do serán ensaio das letras de cancións tradicionais e populares.